30 agosto, 2021
A xornada desenvolverase entre as 11.30 e as 13.30 horas, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en bibliotecamuseo@ponteareas.gal
A Biblioteca Municipal de Ponteareas, continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas da vila. O vindeiro xoves entre as 11.30 e as 13.30, acollerá unha xornada de xogos e contacontos para incentivar a lectura dende a diversión.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que esta xornada forma parte do programa “Ao arredor do conto”, co que se pretende “animar aos nenos e nenas, e tamén as súas familias, a ler, a contar historias, e a desfrutar da literatura”. Ademais o edil quere dar os parabéns ao persoal da biblioteca, “polo seu gran traballo organizando e impulsando estas actividades, tan importantes para a cultura da nosa vila”.
Alerta