10 agosto, 2021
O ALCALDE DA CAÑIZA LUIS PIÑA E A PRESIDENTA DE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CARMELA SILVA, PROMOCIONARON HOXE O XAMÓN DA CAÑIZA
· UNHA CITA CO MELLOR XAMÓN DE GALICIA E DO NOROESTE PENINSULAR.
o Alcalde Luis Piña e a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañados do Deputado Provincial Héctor Santos e dos Concelleiros Rubén Muiños e Paula Bacelar promocionaron o xamón da Cañiza. Neste acto tamén estivo presente Jaime Giráldez, empresario do ramo xamoneiro que deixou o seu local para poder desenvolver esta promoción.
No acto de hoxe o Alcalde e a Presidenta animaron aos cidadáns e turistas a visitar A Cañiza para degustar o mellor xamón de Galicia e do noroeste de España nos establecementos hosteleiros en calquera día do ano e con máis motivo nestes días en que, si se volvese a normalidade, A Cañiza estaría celebrando os seus días grandes.
Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña “temos preparado un completo programa de actividades adaptado aos protocolos marcados pola pandemia, para contentar a todos os públicos, facendo un guiño á semana do 9 ao 15 de agosto”. Programa que conta ademáis co patrocinio e subvencións da Deputación de Pontevedra e tamén da Xunta de Galicia.
Na súa intervención Luis Piña emplazou a foráneos e turistas a visitar A Cañiza para degustar e descubrir en calquera dos establecementos hosteleiros do pobo o xamón da Cañiza que é un dos abandeirados do Concello e que conta con Festa propia dende o ano 1967. Esta festa foi declarada pola Comunidade Autónoma de Interese Turístico de Galicia.
“Ainda que por segundo ano non poidamos celebrar a Feira do Xamón como viña desenvolvéndose ata o ano 2019” afirma o Alcalde, “sí podemos continuar promocionando o xamón e a súa Feira que sitúa A Cañiza no mapa das celebracións gastronómicas máis importantes de Galicia”.
“A crise sanitaria e as medidas de contención non nos permite celebrar nin a xornada gastronómica da Carballeira do Cacharado, nin o Concurso de Cortadores, a cata de viños e a clase de corte de xamón e tampouco a elaboración do bocadillo xigante de xamón, xa que congregaría a milleiros de persoas”, continúa decindo o Alcalde “pero sí que nos permite desenvolver un variado cartel de actividades e actos musicais, cumprindo cos aforos e protocolos COVID”.
Na presentación o Alcalde estivo acompañado da Presidenta da Deputación que continúa renovando o seu apoio ao xamón da Cañiza. “A promoción é fundamental para dar a coñecer non so o xamón da Cañiza senon todos os activos que converten a este municipio nun referente turístico e gastronómico que reclama unha visita obrigada a un pobo fermoso, cun enclave paisaxístico envidiable”.
“A Cañiza ten moitos valores dos que namorarse”. Con estas palabras Carmela Silva comezou a súa intervención. Un alegato a manter o ánimo nestes tempos difíciles, invitando a visitantes e turistas a achegarse ata A Cañiza para degustar o mellor xamón, da man dos mellores profesionais do sector e poñendo o acento nas excelentes comunicacións coas que conta o Municipio.
Continuou decindo “non podemos celebrar as nosas festas como antes pero sí podemos promocionalas con moita potencia para preparalas cara ao futuro”. “Cultura, patrimonio, paisaxe, gastronomía, todo convértese nun referente e temos que democratizar estos valores para chegar a todos os recunchos e esta labor é imposible sen a colaboración do Concello”.
A Presidenta rematou a súa intervención invitando ao Alcalde a continuar con esta labor tan importante de promoción do nosos recursos ponderando a sociabilización para poder manter o ánimo, para que as nosas xentes non perdan folgos e os pobos e cidades se poidan volver a encher de Vida.
Carmela Silva felicitou ao Alcalde Luis Piña, pola labor desenvolvida durante estes dous anos. Polo seu optimismo a pesares de atoparse con moitas e grandes dificultades e por non perder a esperanza nin o ánimo.
Alerta