A Asociación Évame Oroza acolleu no día de hoxe a visita da nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, que quería coñecer tanto o local como a actividade da asociación. Foi , sen dúbida, un encontro moi frutífero, xa que a delegada quedou moi sorprendida pola intensa programación que ten a asociación, tanto a nivel de exposicións, como charlas e outras accións que xa se realizaron ou están previstas para os vindeiros meses. Ana Ortiz sinalou que “é a primeira vez que visitaba este local e a verdade é que me encantou”. Esta asociación, a pesar de que só leva en activo dende xaneiro, ten moitísima forza e está a facer unha labor marabillosa , dando cabida a diferentes colectivos. Dende o principio dixeron que querían ser unha asociación aberta e un punto de encontro para a cultura e penso que o están a conseguir.
Está é unha demostración máis de que se pode recuperar a zona e asociacións deste tipo lle veñen moi ben ao Casco Vello vigués. É unha maneira de facer barrio, de facer cidade e penso que o estades a conseguir.
Axenda completa Neste encontro o presidente de Evame Oroza, Javier Romero, explicou que a axenda do ano 2023 xa está completa a nivel de exposicións, pero que ademais hai moita actividade por diante: O concurso